Máxima atención a manter a máscara posta en lugares pechados. É a mensaxe na que insiste o comité de expertos da Xunta que, consideran críticos os próximos quince días para controlar a evolución da pandemia.. //Os contaxios de Covid-19 repuntan en Galicia nas últimas 24 horas, con 346 novos positivos confirmados. Os casos activos sitúanse en 4.680. Os pacientes ingresados aumentan tamén a 278. //Pontedeume cumpre unha semana sen poder consumir auga da traída, pola turbidez do río. A Xunta abre un expediente sancionador a Endesa, a que atribúe unha mala xestión do encoro situado augas arriba. A empresa argumenta que a causa é o aumento do caudal ecolóxico. //Olga Novo, unha das voces más destacadas da literatura contemporánea en galego, recibe o premio nacional de poesía, pola sua obra Feliz Idade. A autora, orixinaria da Pobra do Brollón, fálanos do seu significado. 16/10/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano