O hospital de Ourense comenza a adiar operacións non urxentes para dispoñer de máis camas para doentes de covid-19. // Os contaxios seguen en aumento en Galicia, onde nas últimas 24 horas se contabilizaron 514 novos positivos, a segunda cifra máis elevada nun día de toda a pandemia. Os casos activos ascenden a 5.880.// Rexistrado o primeiro caso de posible reinfección de Covid-19 en Galicia. É unha doente de Ferrol que pasou a enfermidade en abril e agora volveu dar positivo. Un feito pouco habitual, anque os expertos destacan que engade incerteza sobre a inmunidade de cara á futura vacina. //Néganse a levar os nenos áo colexio por temor a contaxiar a conviventes de alto risco. Son varias familias en Galicia que se Enfrontan a expedientes da consellería de Educación por absentismo escolar. 23/10/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano