Portugal restrinxe a a partir desta medianoite a mobilidade interna e pide expresamente aos galegos que non se despracen alí. Castela e León establece un confinamento perimetral de toda a Comunidade, que se suma ao xa vixente en Asturias. //Os contaxios activos marcan un novo record e rozan xa os 8.000. Os contaxios detectados no último día volven superar os 600. Os pacientes hospitalizados soben a 471, a cifra máis alta da segunda vaga, e nos centros de ensino contabilízanse cerca de mil positivos. //Investigadores da Universidade da Coruña traballan nun método para anticipar a aparición de gromos nas Residencias de Maiores mediante a análise das augas residuais. // 55 millóns para rebaixar as peaxes na AP9 nos orzamentos do Estado. Socialistas e BNG celébrano como un cumprimento do pacto de investidura. A Xunta destaca que o investimento previsto en Galicia é o máis baixo dos últimos 15 anos. 29/10/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano