O ministro de Sanidade visitou en Vigo o laboratorio de microbioloxía do Hospital Alvaro Cunqueiro, pioneiro na técnica de cribado masivo. //Os casos activos sitúanse en 9.895 logo dunha xornada en que se volveron superar os 700 novos positivos detectados. A área sanitaria de Vigo segue a ser a máis afectada, mentres a de Ourense continua á baixa. //A Xunta anuncia axudas de ata 7.000 euros para os hosteleiros afectados polo peche de que entran en vigor mañá a medianoite. As contías dependerán do tamaño dos establecementos e do número de traballadores e poderán sumarse a outras bonificacións. //Os concelleiros do Partido Popular de Ourense descartan apoiar a moción de censura anunciada polos socialistas, para apartar a Jácome da Alcaldía, se non se pacta previamente un novo goberno de coalición. 05/11/20
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano