As axudas para os establecementos de hostalaría e lecer nocturno, en paro obrigado, comenzan hoxe a ser tramitadas. A xunta estableceu unha partida de ata 12 millóns de euros, que os empresarios do sector consideran insuficientes e reclaman un plan de rescate integral.. //Nova repunta dos casos activos, que soben, no último día, ata 9.098, logo de dúas semanas á baixa. Foron detectados case 700 novos contaxios e 15 persoas faleceron a consecuencia da pandemia. Hai 101 pacientes ingresados nas UCI // Institucións Penitenciarias confirma medidas de vixilancia especial e protocolo antisuicidio para Alfonso Basterra, que cumpre condena polo asasinato da sua filla Asunta no cárcere de Teixeiro, tralo falecemento de Rosario Porto no Penal de Brieva. 19/11/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano