No xuízo polo asasinato de Asunta Basterra algunhas das súas mestras confirmaron que a nena fora drogada en varias ocasións a clase. Asunta díxolles unha vez que a súa nai lle dera pós brancos // O xuiz do caso do accidente do tren en Angrois remata a instrucción e conclúe que o único imputado é o maquinista, Francisco José Garzón Amo // Novas mostras de repulsa polo asasinato de Silvina de Oliveira, de 33 anos, en Vigo. A vítima denunciara dúas veces á súa parella, que esperaba xuízo por ese motivo // Os avós de Andrea dín que a vida da súa neta se vai apagando pouco a pouco, despois de que o hospital aceptase retirarlle a alimentación asistida e a sedara como pedían os pais // Sanidade investiga a orixe da infección bacteriana que padecen 65 nenos dun colexio de Cospeito, Lugo. Pénsase que se contaxiaron ao pasáranse as bacterias arrimando a boca á billa. 07/10/15
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano