Protestas estudantís pola vivenda | Operación contra o narcotráfico no Salnés | Galicia perde 7.000 postos de traballo en setembro |
02/10/2024 00:02:12Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas en protesta polas dificultades para acceder á vivenda | O paro rexistrado sube en máis de 2.300 persoas en Galicia, no mes de setembro, tralo remate da temporada turística. As afiliacións á Seguridade Social caeron en 7.000 | Operación contra o narcotráfico na provincia da Coruña e no Salnés, onde se rexistraron vivendas e naves industrais. Hai polo menos 12 detidos | A comercializadora de enerxía promovida pola Xunta iniciará a súa actividade o ano que vén. Ofrcerá aos veciños afectados por parques eólicos descontos do 50 por cento na factura da luz | Loitar contra os casos de machismo e violencia de xénero que se dan no mundo da industria audiovisual e da Cultura. Unha iniciativa que presentaba hoxe en Ourense a Academia de Cine Española e o Ministerio de Cultura
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado