Morre unha muller nun incendio | Limpar os gránulos custou 2´3 millóns | Record de prazas vacantes nas escolas | O TSXG suspende 13 parques eólicos
06/03/2024 00:02:34O lume cóbrase a vida dunha muller nunha vivenda de Bergondo. A vítima mortal estaba enferma na cama, sen posibilidade de moverse. Os bombeiros puideron rescatar ilesas a outras tres persoas | A Xunta anuncia que recorrerá aos tribunais para pedirlle ao goberno que reclame os 2´3 millóns de euros que custou a limpeza dos gránulos de plástico do mercante Toconao | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende cautelarmente a tramitación de 13 parques eólicos | O período de matriculacións para o próximo curso remata con récord de vacantes nos centros escolares de infantil e primaria. En Vigo, a cidade máis poboada, ningún centro público chegou a cubrir todas as prazas disponibles | O 44 por cento dos homes cre que as políticas de igualdade chegaron tan lonxe que agora os discriminan a eles. É un dos datos mais destacados do estudo monográfico publicado polo CIS
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano