A comitiva xudicial accede ao Pazo de Meirás para formalizar a sua incorporación ao Patrimonio do Estado, e comproba que os bens que constan no inventario realizado pola Xunta están en orde. // No balance da situación sanitaria de hoxe rexístrase o falecemento de seis pacientes. Os novos contaxios detectados nas últimas 24 horas foron 284, Unha cantidade inferior á de días anteriores. // Comeza na Coruña o xuízo contra José Manuel López Pérez, Coté, acusado de exercer durante cinco anos como médico en Ferrol e de atender a centos de pacientes sen máis título que o de bacharelato. // Un veciño de Pontevedra non recibiu os 16 décimos de lotaría que comprara na Fonsagrada, en Lugo. Por erro a mensaxería entregoullos a un veciño, que di que os tirou ao lixo. Agora o caso está en mans do xulgado. (10/12/2020)
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano