O IPC baixa ao 2´8% en febreiro | Entre en vigor a normativa da OIT para traballadores a bordo | 200.000 afectados por enfermidades raras en Galicia
29/02/2024 00:02:09O IPC baixa seis décimas en febreiro e sitúase no 2,8 por cento. Trala repunta de xaneiro, a inflación volve descender e colócase no nivel máis baixo do último medio ano | Hoxe entra en vigor en España o convenio internacional que regula os dereitos dos mariñeiros embarcados. Implicarà un control mais rigoroso das condicións do traballo a bordo | No día internacional adicado ás enfermidades raras os expertos e asociacións de afectados chaman a atención sobre unhas doenzas que padecen unhas 200.000 persoas en Galicia | rematado o reconto do todos os votos nas pasadas eleccións autonómicas, son un total de 711.713 os recibidos polo Partido Popular co 47,4 por cento dos votos emitidos. É o número máis alto obtido nas catro últimas votacións, dende a primeira maioría absoluta de Feijóo no ano 2009|
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano