Piden cubrir prazas docentes na Coruña
Telexornal - Galicia  Piden cubrir prazas docentes na Coruña

Familiares con fillos en sete centro escolares coruñeses reclaman profesores para as prazas vacantes. Inflaron globos ás portas dos colexios para...

29/09/2021 00:01:09
Recomendado para todos los públicos
Piden cubrir prazas docentes na Coruña Piden cubrir prazas docentes na Coruña
Piden cubrir prazas docentes na Coruña 00:01:09 29/09/2021
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Familiares con fillos en sete centro escolares coruñeses reclaman profesores para as prazas vacantes. Inflaron globos ás portas dos colexios para denunciaren que están “a piques de estoupar”. Din que hai alumnos aos que non se lles detectou a necesidade especial por non haber medios.

A xuizo do presidente da AMPA do CEIP Ramón de la Sagra de A Coruña, Marcelino Triñanes, “son as principais vítimas. Os alumnos con necesidades especiais teñen que ter mestres específicos para poder apoialos. E hai un problema aínda máis grave: alumnos aos que non se lles detectou esa necesidade especial porque non hai medios para facelo.”
A protesta máis multitudinaria foi a que protagonizaron as familias dese centro educativo, que marcharon en manifestación desde o colexio ata as portas do edificio administrativo da Xunta, para pedir á Consellería de Educación que adopte as medidas precisas para solucionar a situación.

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano