O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, acude ante o xuiz da Audiencia Nacional, como investigado por 21 homicidios imprudentes. O seu sobriño e...
06/06/2022 00:01:53O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, acude ante o xuiz da Audiencia Nacional, como investigado por 21 homicidios imprudentes. O seu sobriño e o outro mariñeiro supervivinte declaran en calidade de testemuñas. // Primeira toma de contacto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda cos líderes da oposición para abordar os principais problemas da actualidade como sobrecarga da atención sanitaria. // Máis de 12.000 estudantes ultiman a preparación das probas de avaliación para o acceso á Universidade, que se celebran mañá en Galicia, cunhas notas de corte para acceder ás carreiras elexidas cada vez máis altas. // Sorte desigual para os equipos galegos nas eliminatorias para a fase de ascenso á segunda división. O Deportivo golea ao Linares, diante de 26.000 siareiros en Riazor. Mentres, en Balaídos o Racing de Ferrol cae derrotado polo Nastic de Tarragona. 06-06-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano