O persoal sanitario, máis alá da primeira liña de atención, e os traballadores de axuda a domicilio comenzan hoxe a recibir a primeira dose da vacina. Son os seguintes colectivos prioritarios. // A incidencia da pandemia continúa á baixa, e nos hospitais baixan a 1.145 o ingresados, 234 nas UCI. A mellora exténdese a tódalas areas sanitarias, e o total de casos activos descende en case mil, nunha xornada na que se computan outros 23 falecementos. // Mobilización dos sindicatos Comisións Obreiras e UGT en tódalas cidades para reclamar o que consideran promesas incumpridas no pacto de goberno que permitíu a investidura de Pedro Sánchez. // Investigadoras galegas dirixen equipos que buscan tratamentos a enfermidades como o cancro ou o Alzheimer. No día mundial da muller na ciencia acuden ás aulas para concienciar ás nenas de que se queren, poden. 11-02-2021
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano