Os clientes empezan a familiarizarse co emprego dos códigos QR, que dende hoxe son obrigatorios en tódolos establecementos de Hostalaría de Galicia. Con eles preténdese falicitar o rastrexo en caso de positivos. // A situación sanitaria mellora, cos casos activos por debaixo de 3.000, e catro pacientes menos nas UCI. A situación máis preocupante e na Coruña, onde máis de 150.000 persoas son citadas a partircipar nun cribado. // A Universidade de Vigo facilita de xeito gratuito produtos de hixiene feminina a alumnas, profesoras e persoal non docente. É a primeira de España. // Hoxe celébrase o día mundial do glaucoma, unha enfermidade que en Galicia afecta a unhas 60.000 persoas. Os expertos destacan que, ainda que non ten cura, no 80 por cento dos casos pode evitarse a cegueira total cun diagnóstico precoz .12-03-2021
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano