A Semana Santa marca o regreso dos peregrinos chegados de outros países. Os camiños de Santiago recuperan a afluencia habitual, anque, din no...
12/04/2022 00:01:57A Semana Santa marca o regreso dos peregrinos chegados de outros países. Os camiños de Santiago recuperan a afluencia habitual, anque, din no sector, hai moita ocupación nos albergues pero, de momento, pouco gasto na hostalaría. // No día da Atención primaria, médicos especialistas e tamén os usuarios, reclaman medidas para recuperar o atasco asistencial tras dous anos cos servizos afectados pola pandemia. // Galicia leva enviadas xa máis de 300 toneladas de axuda humanitaria a Ucraína. A Xunta habilita unha unha oficina itinerante con tradutores para prestarlle asesoramento as 1.400 persoas refuxiadas dese país acollidas aqui. // A virxe da Esperanza volveu saír a rúa, en Lugo, tras dous anos. A armada de Ferrol acompañou o seu paso e interpretou ao final do percorrido a tradicional salve mariñeira. 12-11-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano