Case 600 enfermos ingresados, 90 deles nas uCI. E o efecto que deixa, polo de agora, a terceira vaga nos hospitais Galegos. Os da Coruña, Ferrol e Santiago comenzan a reprogramar intervencións cirurxicas non urxentes para evitar quedar sen camas dispoñibles. //Os novos contaxios superan os 1.000, mentres foron comunicados cinco falecementos. Os casos activos sitúanse en 10.864, unha cifra que duplica a de hai tan so quince días, e supera a do pico da segunda vaga, a principios de novembro. // A hostalaría e o comercio aplican dende hoxe as novas restricións de horarios e cabida, con 63 concellos en peche perimetral. O presidente da Xunta pide que o goberno central permita adiantar o toque de recollida // Sanidade conta con ter rematada o próximo luns a primeira fase da vacinación, que chegaría a 50.000 persoas consideradas as prioritarias. 15-01-2021
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano