Que lles permitan os seus negocios e que lles compensen polo tempo que levan de peche total. Son as reclamacións que os empresarios da Hostalaría de Pontevedra facían chegar hoxe ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. // O Comité Clínico da Xunta, reunido hoxe para avaliar a situación, considera que é, precisamente o cumprimento das restriccións sanitarias o que fixo posible a drástica baixada de novos contaxios dos últimos días. // Os socialistas galegos resaltan que o PSC recupere a condición de forza máis votada en Cataluña. O BNG destaca que o triunfo e para as forzas soberanistas baixo o liderazgo de ERC. // Milleiros de galegos, afectados pola imposición do Reino Unido de contratar dous test de COVID adicionais, antes de sair, a quen queira viaxar ao seu territorio. A norma encarecerá as viaxes nuns 500 euros. 15-02-2021
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano