Pasarán a ponte de San Xosé coas máximas restricións. Os veciños do concello ourensán de Maside sumaranse a partir do venres aos de Vilardebós, na mesma provincia, e aos de Paradela, en Lugo, en quedar en confinamento perimetral e coa hostalaría pechada. // Os pacientes ingresados baixan dos 300, dos que 58 están nas UCI. E a presión hospitalaria máis baixan dende principios de xaneiro. Nas últimas horas detectáronse 148 postivos, co que o total é de 2.658. // A policía da por pechada a investigación do crime de Chapela, onde un veciño apareceu morto e amordazado na sua casa, coa detención do presunto autor, que pasou a disposición xudicial. O caso está relacionado dín, co tráfico de droga. //.O grupo Inditex inaugura hoxe unha ampliación da sua sede central en Arteixo. Son 67.000 metros cadrados de instalacións, cun custe de 130 millóns de euros. 17-03-2021
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano