A superficie queimada dispárase ata preto de 20.000 hectareas, con aldeas arrasadas, como esta de Vilar, na serra do Courel, onde o centro...
19/07/2022 00:02:02A superficie queimada dispárase ata preto de 20.000 hectareas, con aldeas arrasadas, como esta de Vilar, na serra do Courel, onde o centro etnográfico foi tamén pasto das lapas. En total a Xunta cifra en 85 as construccións afectadas e en 1.100 as persoas desaloxadas. //. As mellores condicións meteorolóxicas están a permitir nas últimas horas unha maior eficiacia dos medios de extinción, que loitan en 15 frontes activas. As que máis preocupan, con risco para núcleos habitados, na comarca de Valdeorras. // O goberno anuncia a posta en marcha, a partir de mañá, da variante pola estrada nacional sexta, que reducirá o percorrido do desvío por Pedrafita provocado polo derrubamento do viaduto do Castro, na A6. A Xunta considera insuficiente a medida e reclama unha solución para o transporte pesado. 19-07-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano