Xa son máis de 24.000 as hectáreas arrasadas polo lume, que deixa aldeas como esta de Veiga de Cascallá, na comarca de Valdeorras, completamente...
20/07/2022 00:02:15Xa son máis de 24.000 as hectáreas arrasadas polo lume, que deixa aldeas como esta de Veiga de Cascallá, na comarca de Valdeorras, completamente reducida a cinzas. A Xunta habilita prazas en residencias para persoas maiores desaloxadas. // As principais frontes dos incendios seguen a estar nas comarcas de Valdeorras e o do Courel, onde as lapas avanzan ainda sen control. // Os sindicatos piden cambios na lei de prevención de riscos laborais para evitar a exposición a golpes de calor dos traballadores, o secretario xeral de UGT reclama, dende Vigo, medidas para adaptar a actividade laboral ás as altas temperaturas, que serán máis habituais no futuro. // Celta e Lugo continúan coa preparación da pretempada. Unai Núñez é a última incoporación do equipo vigués, cedido polo Atletic de Bilbao con opción a compra.20-07-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano