A eficacia da vacina, a proba, a conta do gromo nunha residencia en Silleda. Con 56 casos rexistrados, é o maior dende que se completou a vacinación de tódolos usuarios. Os afectados están asintomáticos e, segundo os responsables sanitarios, non sofrirán doenzas graves grazas a que foron inmunizados. // Os casos activos manteñen o ritmo lento de descenso, e sitúanse en 2.481. Hai 49 pacientes nas UCI, a cifra máis baixa dende outubro. // Peiteadores e esteticistas súmanse en varias cidades ás protestas para reclamar a redución do IVE do 21 ao 10 por cento, como corresponde aos servizos esenciais. Din que o sector atravesa un momento crítico. // Aprazado en Pontevedra o macroproceso aos 21 acusados de transportar 1.700 quilos de cocaína a bordo do Titan 3. O presunto lider, de orixe brasileira, segue en paradoiro descoñecido. 22-03-2021
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano