Desoladora imaxe do Camiño, no que tiña que ser o arranque da tempoada alta do Xacobeo. Albergues e establecementos para peregrinos pechados ou completamente desertos, con reservas canceladas, a espera dunha recuperación que terá que chegar máis alá da Semana Santa. //Leve repunta dos casos activos, ainda que os novos contaxios detectados baixan do cento. O Sergas comenza a citar as persoas que recibirán a partir de mañá a primeira dose coa vacina de AstraZeneca, que se amplía ata os 65 anos, //. A dirección de Stellantis anuncia un ERTE aos traballadores da factoría de Vigo ante os problemas de aprovisionamento. // Volver camiñar logo de ter padecido un ictus. Todo un reto que pacientes como Alicia, de Lugo, teñen conseguido superar grazas ás modernas terapias intensivas. 23-03-2021
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano