Máis de 2.500 médicos internistas reunidos nun congreso en Santiago advirten do incremento dos pacientes crónicos. // Galicia supera xa o os 3.000...
24/11/2021 00:02:03Máis de 2.500 médicos internistas reunidos nun congreso en Santiago advirten do incremento dos pacientes crónicos. // Galicia supera xa o os 3.000 casos activos, e ve aumentar a presión hospitalaria mentres é aprobada a terceira dose para tódolos maiores de 60 anos. Comenzará a ser administrada cando remate a da poboación de 70 a 79 anos. // Policías e Gardas Civis secundan nas cidades galegas a convocatoria de protestas contra a reforma da Lei de Seguridade Cidadá, a chamada lei mordaza. Din que os cambios previstos perxudicarán ao seu traballo e aos cidadáns. // Máis de 100.000 alegacións contra os proxectos de Parques eólicos na Serra da Groba, entre Baiona e o Rosal, presentadas por concellos e particulares. Din que a tramitación está a burlar a lei para evitar o estudo de impacto ambiental. 24-11-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano