Telexornal - Galicia: Galicia en 2 minutos 26-04-2022 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Galicia en 2 minutos 26-04-2022

Nova operación conxunta da Policía e a Garda Civil contra o grupo que fabrica narcolanchas nas Rías Baixas, presuntamente encabezado polo veterano...

26/04/2022 00:02:08
Recomendado para todos los públicos
Galicia en 2 minutos 26-04-2022 Galicia en 2 minutos 26-04-2022
Galicia en 2 minutos 26-04-2022 00:02:08 26/04/2022
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Nova operación conxunta da Policía e a Garda Civil contra o grupo que fabrica narcolanchas nas Rías Baixas, presuntamente encabezado polo veterano Javier Otero Magdalena, do Grove. Hai unhas vinte persoas detidas e rexistros en vivendas e naves de varias localidades. // Sarria vive hoxe unha xornada especial coa visita do rei Filipe, xusto cando se fai público o seu patrimonio e se aproba unha reforma do funcionamento da casa real para darlle maior transparencia. // O parlamento inicia a tramitación da nova lei de xestión da auga, que pretende frear as fugas nas redes de subministro que a Xunta estima agora en ata o 40 por cento. A oposición reclama máis axudas para que os concellos pequenos poidan adaptarse. // Sanidade estuda administrar unha cuarta dose da vacina da Covid aos maiores de 80 anos, ao constatar que a dose de reforzo perde eficacia a partir dos tres meses fronte á variante Ómicron. 26-04-22

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano