As análises revelarán nas próximas horas se o 6 positivos rexistrados a bordo do buque confinado en Vigo corresponden á variante india do virus. Os...
30/04/2021 00:01:27As análises revelarán nas próximas horas se o 6 positivos rexistrados a bordo do buque confinado en Vigo corresponden á variante india do virus. Os expertos din que non é máis perigosa que as outras, pero advirten da importancia da vacinación xeral para evitar rebrotes dende distintas procedencias do mundo. // Baixan lixeiramente os casos positivos pero aumentan a 49 os ingresados nas UCI. Entre os novos casos, volve a haber, logo de máis dun mes, seis contaxios entre usuarios dun centro de maiores, en Chantada, e dous profesionais. // Reabre ao tráfico o túnel do Folgoso, na A-52, a altura do concello da Cañiza, logo de tres meses pechado, tralo incendio dun camión que transportaba vehículos. // Un grupo de investigadoras do Campus de Lugo busca un modelo xenético de peixe cebra que sirva para o estudo e tratamento das enfermedades ultrararas. Un caso único en España, o do neno Pelayo, motiva esta investigación. 30-04-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano