Algunhas gasolineiras do rural decidiron non abrir, polas dificultades para aplicar o desconto de 20 céntimos por litro, que hoxe entraba en vigor,...
01/04/2022 00:18:05Algunhas gasolineiras do rural decidiron non abrir, polas dificultades para aplicar o desconto de 20 céntimos por litro, que hoxe entraba en vigor, cun notable aumento da demanda entre os usuarios e queixas dos encargados dos establecementos. // As bonificacións chegan hoxe ao sector pesqueiro. O gasóleo para barcos véndese coa mesma rebaixa que o resto de carburantes, vinte céntimos máis barato. Ademáis os Portos implantaro a exención de taxas durante un período de seis meses. // Reúnense arestora ás portas da refinaría da Coruña os traballadores das empresas auxiliares para veren se continúan ou non co paro indefinido da actividade que iniciaron hai tres días. Hoxe manifestáronse en protesta pola morte do operario en accidente laboral. Reclaman máis medidas de seguridade no traballo. 01-04-2022
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano