A Pandemia cae por debaixo dos 5.000 casos activos en Galicia. Son menos da cuarta parte dos que había a finais de xaneiro,no pico da segunda vaga. A taxa de positividade nos test descende ao 2 por cento, un nivel que, para a OMS, permite considerar a transmisión baixo control. // Hoxe veremos as únicas imaxes que se conservan da estancia en Galicia dun dos poetas españois máis sonados do século XX. Son de 1932, de Federico García Lorca en Vigo de xira coa súa compañía de teatro universitario. Daquela xa era unha celebridade pero fora moito antes en 1916 cando trala súa primeira viaxe a Galicia espertaría a súa vocación como poeta. // A empresa Alu Ibérica, condenada a abonar 6.250 euros a cada un dos membros do comité de folga, como indemnización por terlles negado o acceso ás instalacións. Así consta na sentencia do xulgado do social da Coruña que hoxe foi dada a coñecer.. 02-03-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano