Intercambio de saúdos, de Filipe VI á saída do Pazo de Fonseca, trala sua primeira intervención como Rei na Universidade de Santiago. Acudíu a...
03/06/2021 00:18:03Intercambio de saúdos, de Filipe VI á saída do Pazo de Fonseca, trala sua primeira intervención como Rei na Universidade de Santiago. Acudíu a inaugurar un congreso mundial de expertos sobre o Xacobeo, e anunciou que volverá o 25 de xullo, para realizar a ofrenda ao Apóstolo. // Cerca de 15.000 aspirantes están chamados a participar nas oposicións para 208 prazas para os corpos de persoal subalterno e ordenanzas da Xunta, que se celebrarán o día 4 de Xullo, tal como anunciou hoxe a administración autonómica. // O cerqueiro Virxe dos Milagros encallou, con dez tripulantes a bordo, nunha zona de rochas, en Foz. // Cambados abre hoxe ao público o Museo dedicado ao poeta Ramón Cabanillas, un dos modernizadores da literatura galega. O novo centro é un roteiro pola obra e a biografía dun persoeiro que mereceu ser soterrado no Panteón de Galegos Ilustres. 03-06-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano