Marzo remata con case 1.200 parados menos en Galicia, que se situou como unha das comunidades con mellor comportamento. A hostalaría e a...
04/04/2022 00:18:04Marzo remata con case 1.200 parados menos en Galicia, que se situou como unha das comunidades con mellor comportamento. A hostalaría e a construción son os sectores que crean máis empregos, mentres que se perden sobre todo na agricultura e os servizos. // Galicia vai contar cun observatorio da cadea alimentaria, para comprobar si se aplica na práctica a prohibición de venda a perdas no sector gandeiro. // Uns 1.500 peregrinos chegaron a Santiago durante a fin de semana. Son máis que en todo o mes de abril do ano pasado // E ao pé do Camiño, volve a tradicional poxa das unllas de San Lázaro. Tras dous anos sen celebrarse pola pandemia, as espectativas superáronse e saíron 35 lotes. Unha romaría antiquísima, de feito, a exaltación gastronómica máis antiga de Galicia. 04-04-2022
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano