A central térmica das Pontes queima a estas horas as suas últimas existencias de carbón. Despois de case medio século en funcionamento, a...
04/10/2023 00:25:01A central térmica das Pontes queima a estas horas as suas últimas existencias de carbón. Despois de case medio século en funcionamento, a actividade das instalacións chega así ao seu remate definitivo. | O ministro de Pesca comprometeuse hoxe en Vigo a que o sector pesqueiro sexa incluído nos fondos europeos de recuperación. Nunha visita á Feira Conxemar, asegurou que debe ser considerado sector estratéxico. | O concello da Coruña solicita á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada, unha figura incluída na nova lei de vivenda que permite establecer límites á suba dos prezos do alugueiro, actualmente os máis altos de Galicia. | Empeza en Lugo a celebración do San Froilán, con milleiros de visitantes previstos e máis de 200 actividades programadas ata o próximo día 12. 04-10-2023
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano