A ocupación permitida na maioría das actividades coma o comercio, a cultura e boa parte do ocio pasará a ser, a partir da próxima fin de semana, do...
05/10/2021 00:16:03A ocupación permitida na maioría das actividades coma o comercio, a cultura e boa parte do ocio pasará a ser, a partir da próxima fin de semana, do 90 por cento. // O Conselleiro dixo que a sanidade galega está preparada para o caso de toda a poboación de máis de 18 anos teña recibir unha terceira dose de reforzo da vacina contra a covid. // A maioría das entidades bancarias cobran as chamadas comisións de testamentaría para acceder ás contas herdadas dun familiar falecido. A práctica non está permitida polo banco de España, por iso un avogado de Lugo ven de iniciar unha batalla xudicial contra ela.// Os sanandresiños son amuletos feitos con miga de pan, típicos de San Andrés de Teixido, que, segundo a tradición, dan sorte a quen os leva. Pero na pequena aldea do Ortegal apenas quedan artesáns que os fagan e, a curto prazo, non se albisca continuidade para este oficio singular que pasou de xeración en xeración durante séculos. 05-10-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano