Xa son 1.500 as hectareas queimadas no incendio de Ribas de Sil, convertido no maior do que vai de ano en Galicia. Efectivos da UME colaboran nos...
07/09/2021 00:16:04Xa son 1.500 as hectareas queimadas no incendio de Ribas de Sil, convertido no maior do que vai de ano en Galicia. Efectivos da UME colaboran nos traballos de extinción e mantense activado o nivel 2 de risco por proximidade do lume a núcleos habitados. // O comité de Expertos da Xunta estuda esta tarde o Acordo acadado cos representantes da Hostalaría para que bares, restaurantes e cafetarías podan segir abertos ainda que empeore a situación epidemiolóxica. Establece dous niveis de restricións aos que cada establecemento poderá optar, según as medidas sanitarias que adopten. // Os casos activos descenden hoxe en case 300, e sitúanse nun total de 5.556, logo de rexistrarse 156 novos contaxios nas últimas horas. Descende tamén a presión hospitalaria. Os pacientes ingresados son 190, once menos que onte, dos que 46 están nas UCI. O total de vítimas mortais ascende a 2.590, ao notificarse 6 falecementos na última xornada. 07-09-2021
.
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano