A Garda Civil investiga se a morte dunha muller, que apareceu agonizando onte nun camiño no municipio de Nogueira de Ramuín, se trata dun crime...
07/12/2023 00:24:52A Garda Civil investiga se a morte dunha muller, que apareceu agonizando onte nun camiño no municipio de Nogueira de Ramuín, se trata dun crime machista. Tiña 62 anos, era de Ucraína e levaba dous anos residindo no concello ourensán co seu marido, de nacionalidade británica | Quedaron en liberdade os catro detidos polo alixo nunha nave industrial de Cambre de máis de sete toneladas de cocaína | Nin a choiva para a chegada de turistas a Vigo, atraídos pola iluminación de Nadal. Os hoteis prevén colgar o cartel de "completo" o sábado e o domingo, e os comerciantes da zona centro reforzan persoal | Visitamos un dos beléns con movemento con máis sona de Galicia. É o de Bengonte, na Terrá Cha de Lugo. Leva 52 anos funcionando, está declarado de interese turístico galego e ten máis dun cento de figuriñas 07-12-23
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano