Os cribados masivos mediante mostras de saliva son empregados xa con 50.000 galegos, e teñen permitido detectar ata 180 positivos asintomáticos. En conxunto, o test dos últimos días reflexan que a tendencia é a diminuir o número de contaxios, e a Xunta anticipa a posibilidade de aliviar as restricións a próxima semana. // Drástico descenso nos casos activos en Galicia. Caen ata os 19.240, 720 menos ca onte. Baixan tamén os novos contaxios, tras rexistrarse 526 no último día, colas a cifra máis baixa desde antes de Reis e de dispararse a curva desta terceira vaga. A taxa de positividade baixa ao 4,5%. // Hoxe celébrase o Día Internacional da Epìlepsia. En Galicia hai 33.000 persoas que padecen esta enfermidade. Conseguir un emprego estable é un dos principais problemas que teñen e que o paro aumenta coa pandemia tamén neste colectivo.
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano