Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa, con 18 persoas feridas cando asistían a un concerto da Orquestra París de Noia. Hai cinco hospitalizados,...
08/05/2023 00:25:00Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa, con 18 persoas feridas cando asistían a un concerto da Orquestra París de Noia. Hai cinco hospitalizados, catro deles graves. O peor parado, un neno con hemorraxia abdominal. // Nova polémica a conta do emprego de coches oficiais en Ourense. Neste caso, a raíz da publicación dunhas gravacións nas que o alcalde, Gonzálo Pérez Jácome pide a un empregado que asuma como propia a multa imposta en Vigo. // Máis de 1.300 médicos asinan un manifesto contra o acordo que asinou a consellería de Sanidade co sindicato CESM para rematar a folga de facultativos. // O uso incorrecto e en moitos casos excesivo de sulfatos pode resultar prexudicial para a saúde. E o que alerta un grupo de Veciños do Salnés. Piden que se prohiba o uso de atomizadores cerca de ríos e zonas habitadas. 08-05-23
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano