A metade dos adolescentes recibe a miúdo mensaxes de contido sexual e un 20 por cento sofre acoso. Un estudo da Universidade de Santiago revela que...
09/02/2022 00:16:03A metade dos adolescentes recibe a miúdo mensaxes de contido sexual e un 20 por cento sofre acoso. Un estudo da Universidade de Santiago revela que un de cada catro alumnos de secundaria fai un uso nocivo da tecnoloxía. // A Xunta vai pedir unha prórroga para continuar co certificado Covid, tal como anunciou hoxe o presidente, namentras espera a que o goberno central conteste as dúbidas sobre o uso das máscaras nos recreos. // Máis de 150.000 cativos de 5 a 11 anos están citados para a segunda dose da vacina infantil de Pfizer. A campaña retomarase esta tarde nos puntos de vacinación masiva como o de Expourense, onde os nenos serán recibidos por superheroes para que perdan o medo á picada. // Carolina Rubirosa será a representante galega na chamada "Eurovisión das linguas rexionais" co seu tema "O teu camiñar". Participará xunto con representantes de outros 12 países no Liet Festival que acollerá a cidade dinamarquesa de Tonder o 13 de maio. 09-02-2022
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano