As bucinas da frota pesqueira soan, no Día de Europa, en protesta contra o plan de ampliar o veto á pesca de fondo ata o 30 por cento das augas...
09/05/2023 00:25:01As bucinas da frota pesqueira soan, no Día de Europa, en protesta contra o plan de ampliar o veto á pesca de fondo ata o 30 por cento das augas comunitarias. // O Partido Popular rexeita, no Parlamento, a iniciativa lexislativa popular para reforzar os servizos de atención primaria, presentada pola plataforma SOS Sanidade Pública e apoiada por máis de 50.000 sinaturas cidadáns. // O xuizo rápido a Manuel Baltar previsto para hoxe no xulgado de Puebla de Sanabria por circular a 215 quilómetros por hora non chegou, finalmente, a celebarse ao non comparecer o presidente da Deputación de Ourense nin o seu letrado. // Centos de visitantes xordos disfrutan estes días en Galicia cun proxecto do Imserso. Dende Vigo, percorren en varias quendas os emprazamentos máis emblemáticos das Rías Baixas, acompañados de intérpretes. 09-05-23
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano