O regatista Nico Rodríguez, xa está de volta, coa sua medalla de bronce en Vigo. É un dos 21 deportistas galegos que participaron nos Xogos de...
09/08/2021 00:18:03O regatista Nico Rodríguez, xa está de volta, coa sua medalla de bronce en Vigo. É un dos 21 deportistas galegos que participaron nos Xogos de Toquio. Trouxeron 7 medallas, case a metade das obtidas pola delegación española, e 10 diplomas olímpicos: O mellor resultado acadado nunca polo noso deporte. // A exministra e vicesesecretaria de política social do Partido Popular, Ana Pastor, percorreu un treito do Camiño de Santiago en Triacastela, Lugo, e insistiu na necesidade de que España teña unha lei de pandemias que evite que, ante situacións de crise coma a actual, haxa, di, un sistema de resposta distinto en cada comunidade. // Cociñeiros internacionais iluminaron hoxe a catedral de Santiago coas 44 estrelas Michelín que atesouran. Foron citados para a nova edición do xantar solidario de Estrelas no Camiño, que se celebrou na Casa Barqueiro, en Negreira. Toda recadación destinarase a Cáritas Santiago. 09-08-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano