As doses administradas en Galicia ascenden a algo máis de 2.147.000, coas que as persoas que teñen recibido alomenos unha suman xa máis da metade...
10/06/2021 00:18:03As doses administradas en Galicia ascenden a algo máis de 2.147.000, coas que as persoas que teñen recibido alomenos unha suman xa máis da metade da poboación, un total de 1.365.624, un 50´5 por cento dos galegos. Coa pauta completa son 849.000, cerca do 32 por cento do total. O presidente da Xunta aclarou que algunhas restricións seguirán durante o verán. // O comité de empresa de Alcoa continúa as xuntanzas coas seis compañías candidatas a comprar a fábrica de San Cibrao.// Hoxe reuníronse con Sidenor que xunto con Atlas Trafigura, Aldel e Metalcorp son as interesadas na planta, segundo trascendeu. Ademáis da xa coñecida Liberty House. O comité indicou nun comunicado que a empresa española Sidenor, especializada no aceiro, busca diversificarse co aluminio e transmitiulles a intención de facer investimentos en San Cibrao // Considerada como unha das principais representantes da música africana moderna, Fatoumata Diawara, está hoxe no Auditorio de Galicia, en Santiago. Presenta o seu novo album, Fento, grabado entre o seu país, Mali, Burkina FAso, Barcelona e París. 10-06-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano