Foron días de máxima festa deportiva, hai xusto 40 anos. Os estadios de Riazor, na Coruña e Balaídos, en Vigo, convertíanse en sedes da fase de...
15/06/2022 00:16:03Foron días de máxima festa deportiva, hai xusto 40 anos. Os estadios de Riazor, na Coruña e Balaídos, en Vigo, convertíanse en sedes da fase de clasificación do MUndial 82 de España, un evento que permitíu a moitos gozar en directo do futbol internacional. // O prezo do gasóleo para os barcos de pesca está a por en perigo a costeira do bonito. Algunhas embarcacións poderían non sair ou rematar a campaña antes de tempo se o prezo do combustible non baixa. // A chegada de pó sahariano perxudica á calidade do aire, sobre todo nas zonas máis orientais. A xornada ven marcada por un aviso amarelo por altas temperaturas no Val do Miño, e tamén por risco de treboadas intensas na mitade sur. // Battosai é un trío musical formado en Santiago. Defínense como millenials que quixeran pertencer á Xeración X. Presentan un primeiro album que chegou a entrar nos tops de mellores discos do último ano. 15-06-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano