A xuíza de Ourense que investiga a morte violenta de Nerea Añel hai dezasete meses decretou a liberdade provisional do seu noivo ao non existir...
16/06/2021 00:18:01A xuíza de Ourense que investiga a morte violenta de Nerea Añel hai dezasete meses decretou a liberdade provisional do seu noivo ao non existir risco de fuga nin de alteración de probas. O home, de 31 anos, cumpre unha condena no cárcere de Pereiro por outra causa. A xuíza impútalle un delicto de homicidio, pero terá que seguir investigando para determinar se foi intencionado ou imprudente..// O servizo de oncoloxía do hospital de Ourense participa nun proxecto piloto internacional para mellorar a calidade de vida das personas que superaron un cancro de mama ou de colon. Consiste en facer un seguimento constante da evolución dos sobreviventes cun reloxo intelixente e un teléfono móbil. // Javier Gómez Noya estará nos xogos olímpicos de Tokio.. A Federación Española confirmou hoxe oficialmente a sua partcipación na que será a sua terceira olimpiada, despois de quedar cuarto en Pekín 2008 e gañar a medalla de prata en Londres 2012. 16-06-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano