O día de San Roque prolonga a ponte festiva de agosto en boa parte de Galicia. Visitamos a romaría urbana más multitudinaria, o San Roque de Vigo, e...
16/08/2023 00:24:59O día de San Roque prolonga a ponte festiva de agosto en boa parte de Galicia. Visitamos a romaría urbana más multitudinaria, o San Roque de Vigo, e a celebración máis húmida, a festa da auga de Vilagarcía | Co verán e as vacacións veñen tamén os problemas de conciliación. Un quebracabezas para moitas familias, cando nais e pais non poden facer coincidir as súas vacacións coas dos pequenos | Dous mozos de 17 e 18 anos, detidos en Monforte como presuntos autores dunha agresión sexual a dúas rapazas da mesma idade que eles durante as festas patronais | Drons luminosos como alternativa sostible e económica aos fogos artificiais. É o negocio no que traballan tres enxeñeiros aeronáuticos de Ourense, co que queren ofrecer novas posibilidades para os espectáculos con luz. 17-08-23
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano