A ocupación turística acada o 80% por cento, de media, en Galicia, durante a Semana Santa. É o balance ofrecido pola Xunta. Ferrol, a Ribeira Sacra...
18/04/2022 00:18:02A ocupación turística acada o 80% por cento, de media, en Galicia, durante a Semana Santa. É o balance ofrecido pola Xunta. Ferrol, a Ribeira Sacra e Santiago, rozaron o cheo total..// Este mercores remata a obriga de levar máscara nos interiores; só seguirá en hospitais e transporte público. A Consellería de Sanidade lembra que pasará de ser a recomendada en lugares coma os centros de ensino. // A Garda Civil investiga o accidente no que morreu o oftalmólogo coruñés Juan Manuel Tábara, ó que embestiu unha embarcación de recreo cando nadaba na praia de Silgar, en Sanxenxo. A investigación céntranse en se a embarcación circulaba por zona de baño. // A procesión do Gozoso Encontro, en Ferrol, coa que remata a Semana Santa, xunta ás tres confrarías máis importantes da cidade, e dá paso a un luns de pascoa no que os romeiros soben ó monte de Chamorro para venerar á Virxe do Nordés. 18/04/22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano