Galicia supera xa os 11.000 casos activos, nunha xornada na que aumentan a 130 os pacientes hospitalizados, 18 máis que onte. A incidencia...
19/07/2021 00:18:04Galicia supera xa os 11.000 casos activos, nunha xornada na que aumentan a 130 os pacientes hospitalizados, 18 máis que onte. A incidencia triplícase nas últimas semanas e na Area Sanitaria de Ourense chega ao máximo de toda a pandemia. // O aumento dos casos preocupa á Xunta así o manifestaba esta maña o Presidente Alberto Núñez Feijóo nunha entrevista por mor da celebración dos 50 anos de TVE en Galicia. // As instalacións de TVE nun edificio da Rúa do Vilar de Santiago eran inauguradas o 25 de xullo de 1971. Nacía así este Centro Territorial de Galicia, que cumple, polo tanto, 50 anos.. //. Perruqueiros e esteticistas de toda Galicia maniféstanse para reclamar ao Goberno a recuperación do IVA reducido. O sector segue pagando un 21% de IVA nunha situación delicada para eles e especialmente agravada. 19-07-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano