A Farrapada, a batalla a base de trapos con lama, en Laza, protagoniza a celebración do luns borralleiro, en Laza, dentro das actividades do...
20/02/2023 00:24:22A Farrapada, a batalla a base de trapos con lama, en Laza, protagoniza a celebración do luns borralleiro, en Laza, dentro das actividades do Entroido que hoxe se extenden por Galicia. // A carne e o peixe non van ser incluídos, polo de agora, entre os produtos de primeira necesidade co IVE rebaixado. Así o indicou o ministro de Agricultura que considera, en todo caso, que o prezo dos alimentos, tras meses de subidas, xa tocou teito. // Moitos dos case 2.000 núcleos rurais de Galicia que figuran como abandonados recuperan a vitalidade grazas a novos poboadores e ocupantes de fin de semana. // Patricia Aguín, de Portonovo, elexida como a mellor artesá florista de España. Con formación en exeñería forestal, aprendeu da sua nai o oficio. Agora competirá pola copa do Mundo que se celebrará en Mánchester. 20-02-23
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano