Os mobles, obras de arte e outros obxetos que hai no interior do Pazo de Meiras deben ser devoltos aos herdeiros de Franco. Así o decidíu a Audiencia da Coruña, que di que o Estado so reclamou a titularidade da finca e do edificio, pero non do seu contido. O goberno Central e a Xunta estudian agora a resolución xudicial e a posibilidade de recorrela. // A Xunta defende respectar os prazos de vacinación, alomenos para maiores de 70 anos, ante a proposta do goberno central de retrasar a segunda dose para así gañar tempo e vacinar a máis poboación. // Audasa non terá que devolver as peaxes aos afectados polos atascos durante a ampliación da ponte de Rande. A Audiencia de Pontevedra acaba deestimar o recurso da concesionaria contra a sentenza que a condenaba por 81 incidencias durante as obras de ampliación da Ponte. 20-04-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano