Mobilación do sector pesqueiro contra o peche de 87 zonas do Atlántico aprobado por Bruxelas, para entrar en vigor dentro de 20 días. O Goberno...
20/09/2022 00:23:04Mobilación do sector pesqueiro contra o peche de 87 zonas do Atlántico aprobado por Bruxelas, para entrar en vigor dentro de 20 días. O Goberno Central pedirá a Comisión Europea que revise a decisión, que a Xunta califica de “absolutamente perxudicial” para Galicia. // O goberno central autoriza o peche definitivo de dous dos catro grupos da central Térmica Das Pontes. Os traballadores emprazan a Endesa a poñer en marcha o plan de investimentos anunciado. // Logo dun verán cos meses máis calurosos dende que hai rexistros, a axencia estatal de meteoroloxía pronostica que o outono seguirá a mesma tendencia: temperaturas máis altas e menos precipitacións do habitual. // Converter o bagazo das uvas nun fertilizante de alto valor mediante a axuda de vermes. É a aposta dunha adega do Rosal que leva a cabo un proxecto en colaboración coa Universidade de Vigo para mellorar a calidade do solo e favorecer a biodiversidade. //. 20-09-22
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano