Grandes Camións, pero tamén furgonetas de reparto, tractores e ata vehículos forestais, en marcha polas cidades. É a nova mobilización, na oitava...
21/03/2022 00:18:02Grandes Camións, pero tamén furgonetas de reparto, tractores e ata vehículos forestais, en marcha polas cidades. É a nova mobilización, na oitava xornada de paro dos transportistas. // O presidente da Xunta tamén se referíu ao conficto do transporte. Acusou ao Goberno Central de adicarse a insultar aos traballadores en vez de buscar solucións e criticou que non se adoptaran medidas para evitar o conflicto antes de chegar a actual situación. // O Novo Hospital Clínico da Coruña será a obra sanitaria máis importante desta lexislatura. Contará con 255 mil metros cadrados. Terá un pavillón de docencia e investigación, e tamén un amplo patio e un xardín climático, onde haberá cafetería, auditorio e capelas. // No Día Mundial da Síndrome de Down poñemos o foco no ciclista Borja Gómez. Ten 19 anos, participa en campionatos nacionais de ciclocross e acaba de chegar de Bélxica dunha carreira para persoas con discapacidade. 21-03-2022
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano