51 contaxios rexistrados nunha residencia de Silleda. É o maior gromo detectado ata agora, logo de ter rematado a vacinación de tódolos usuarios dos centros de maiores. O caso pon a proba a eficacia da vacina. Segundo os responsables sanitarios, os afectados non sufrirán doenzas graves grazas a ser inmunizados. // O MInisterio de Sanidade propuxo ás Comunidades que amplíen o límite de idade ata os 65 anos para a vacina de AstraZeneca, logo dos últimos datos que avalan a sua seguridade e eficacia. // O Concello de Pontevedra declarou «persoa non grata» ao presidente de Ence Ignacio de Colmenares. Os dous grupos que forman o goberno local, BNG e PSOE, considerano responsable da radicalización das últimas protestas dos traballadores, aos que lle atribúen intentos de agresión. 22-03-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano