Chamamento á prudencia da Ministra de Sanidade, que visitou a factoría do grupo Zendal, na localidade do Porriño, onde se está a fabricar a vacina para a farmacéutica Novavax. Anuncia que poderá ser, a partir de abril, o próximo aprobado para distribuirse por toda Europa contra a Covid. //A Xunta suspende temporalmente as prantacións de eucaliptos en toda Galicia, e aproba investir 13 millóns de euros para promover outras especies coma piñeiros e castiñeiros, co fin de evitar unha sobreproducción de eucalipto que faga desplomar o seu prezo. // A Sentenza sobre a propiedade do Pazo de Meirás, vai ser recurrida pola Deputación da Coruña e o concello desa cidade, xunto co de Sada. Así o anunciaron ao considerar que o Estado non debe aceptar que se lle pague unha compensación aos herdeiros de Franco polos gastos de mantenemento do inmoble dende a morte do ditador. 25-02-2021
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano